FESTIVAL DE PODCAST DE GALICIA #Rlc

FINALIDADE E OBXECTIVOS 

II FESTIVAL DE PODCAST
BASES DO CONCURSO

FINALIDADE E OBXECTIVOS
Os principais obxectivos deste concurso son promover e recompensar a
producción de podcast en lingua galega, en todos os seus xéneros e formatos,
dando a coñecer, así mesmo, as novas tendencias en podcast de gran
audiencia. Animar e incentivar as produccións que aportan elementos
innovadores e que melloran e enriquecen esta experiencia sonora na nosa
lingua e teñen gran interacción coa audiencia a través de todo tipo de
plataformas, redes e espacio online.
PARTICIPANTES
Poderá participar calquera persoa ou grupo, que cumpran os requisitos de
inscripción que constan nestas bases.
Os concursantes menores de idade deberán aportar unha autorización paterna
ou de tutor autorizado.
CANDO E ONDE INSCRIBIRSE
O prazo de inscripción será ata o MARTES 12 DE MAIO DE 2026, as 00:00
horas.
As inscripcións se realizarán no correo electrónico
emuga.radiofusion@gmail.com facilitando o nome dos creadores, título do
podcast, correo electrónico e teléfono de contacto. Así como un breve resumo
do contido do podcast.
No caso de menores de idade, se adxuntarán tamén os documentos de
autorización correspondentes.
REQUISITOS A CUMPLIR DO PODCAST
– Duración do podcast: entrará en concurso un episodio ou capítulo de
calquera duración, que será elexido polo concursante.
– Formato: calquer formato.
– Deberá empregarse a lingua galega.

XURADO

O xurado estará formado por expertos en comunicación, profesores
universitarios, e locutores de radio. Todos con gran experiencia tanto en
producción como en locución de podcast.

ASPECTOS A VALORAR POLO XURADO
As obras presentadas serán valoradas pola súa creatividade e orixinalidade,
calidade literaria, a linguaxe precisa e a redacción adecuada.
Serán igualmente aspectos a valorar a actualidade do tema tratado e o acerto á
hora de chamar a atención do ointe.
A calidade da grabación, expresividade, modulación da voz, velocidade,
claridade na exposición, efectos e música, … serán tamén tidos en conta polo
xurado.
CANDO E ONDE SE OTORGARÁN OS PREMIOS.
O fallo farase público no acto de entrega de premios que terá lugar na segunda
xornada do Festival de podcast, o vindeiro día 13 de xuño, no C.C.R.D. Perlío,
sito na Rúa San Salvador 12, 15500 Perlío – FENE (A Coruña).

PREMIOS
PRIMEIRO PREMIO MELLOR PODCAST: dotado con 500 euros.
PREMIOS ESPECIAIS:
1. Mellor guion: escritura destacada na estructura e narrativa dos
podcast.
2. Mellor producción: calidade e eficiencia na execución técnica e
organizativa.
3. Mellor diseño sonoro: excelencia na creación e aplicación de
elementos sonoros para enriquecer a experiencia auditiva.
4. Mellor host: mellor presentador o presentadora pola súa habilidad
para
conectar e guiar á audiencia
5. Mellor podcast conversacional: basados en conversas ou entrevistas
de calidade
6. Mellor podcast de ficción sonora: produccións que destacan na
creación de historias ficticias a través do son.
7. Mellor podcast narrativo de non ficción: podcast que contan historias
reais de forma narrativa e atractiva.
8. Mellor podcast de humor.
9. Mellor podcast por votación popular
10.Mellor podcast feito por mulleres

11. Mellor voz masculina: mellor interpretación vogal masculina en
podcast
de ficción sonora
12.Mellor voz feminina: mellor interpretación vogal feminina en podcast
de
ficción sonora
13.Mellor identidad visual: coherencia, creatividade e efectividade da
identidade gráfica dun podcast
14.Premio á traxectoria: contribución e/ou legado dunha persona ou
entidade na industria do podcast.
15.Premio especial do xurado.

A organización se reserva a posibilidade de deixar desertas algunha das
categorías de premios.

OUTRAS CONSIDERACIONS
Aspectos legais
O carácter orixinal dos traballos presentados será responsabilidade exclusiva
de cada un dos autores (individuais, grupos, e personas físicas que os
representen), exonerando á entidade organizadora do Festival de calquera
responsabilidade legal en posibles reclamacións por dereitos de autor de
terceiros.
Os participantes aceptarán esta condición no momento da inscripción.
Os participantes, no momento da inscripción, ceden gratuitamente a EMUGA
os seus dereitos sobre o son, a imaxe e emisión dos podcasts presentados,
incluidos os seus locutores. Estos audios poderán ser difundidos en calquera
das emisoras pertencentes a EMUGA, sin compensación económica algunha.
Os dereitos de propiedade intelectual corresponderán aos autores, pero os
podcast presentados quedarán a disposición da organización do Festival para a
súa publicación.
A organización do concurso se reserva o dereito a realizar modificación sobre a
mecánica do certame sempre que as mesmas esteñan xustificadas e non
perxudiquen aos participantes. A organización non será responsable si por
caso fortuito ou de forza maior, o evento non puidera levarse a cabo nalgún dos
seus termos, sen que supoña esto a adquisición de calquera outra obriga.

Protección de datos
Os datos personais facilitados serán incorporados á ficheiro de datos do
Festival de Podcast, que será tratado segundo o disposto no Reglamento
Europeo de Protección de Datos e a Ley Orgánica 3/2018, de 5 de decembro,

de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Poderán
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión dos seus datos, de
limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de
decisións baseadas únicamente no tratamento automatizado dos seus datos,
cando procedan, ante Emisoras Municipais Galegas, Casa do Concello s/n,
15570 Fene – A Coruña; ou no enderezo sonradiofusion@gmail.com.