PODCAST: SARDIÑAS E XURELOS.

«Sardiñas e xurelos» é un podcast e programa de radio galego sobre cine e humor. Está producido por Radio Fene.

Se analizan películas clásicas e de culto cun ton cheo de ironía, sarcasmo e moita retranca galega.

Non é un programa de cinema convencional. En moitas ocasións, formulan os episodios como un divertido “combate” entre dúas películas.

Pódense atopar todos os episodios en aberto na web oficial de Radiofusión.

Ligazón:

https://www.radiofusion.gal/episodio/ratatouille-gastronom%C3%ADa-e-cine

 

PODCAST: AS PONTES, CARBÓN, FUME E MEMORIA.

por Anxo Vidal. | O podcast titulado "As Pontes: carbón, fume e memoria" é un relato sobre cómo a mina e a central térmica instalada nesa localidade, cambiaron por completo a vida, a paisaxe, a economía, ... ao longo do tempo, dende antes de que nada de ese existira ata agora, coa existencia do lago onde antes había carbón.

http://festivaldepodcast.gal/wp-content/uploads/2026/06/30-ANXO-VIDAL-As-Pontes-2.59.50-1.mp4

PODCAST: TEMPO DE JAZZ

CREADOR: Luis Cuntin, creador e voz. Unha produción de Radio Redondela.

“Tempo de Jazz” é o podcast máis veterano da Radio Municipal de Redondela,
dirixido por Luís Cuntín. Naceu no ano 2001 como un espazo nocturno

dedicado á difusión e divulgación do jazz. Dende 2015 tamén está dispoñible
en formato podcast na rede.
O programa busca achegar o jazz ao público, combinando historia, estilos,
biografías e discos destacados. Actualmente dedica unha serie especial ás
mulleres compositoras, directoras e instrumentistas do jazz. Tamén inclúe
programas temáticos e novidades discográficas, con especial atención aos
músicos galegos.
Ligazón:

Tempo de jazz 03-03-2026: Hammond First Recunque 12: Rhoda Scott

PODCAST: ONDA TORRELLA.

CREADORES: Fon Conde e Alicia Tizón (creadores, voces e produtores do podcast).

Resumo en cinco liñas: Un espazo vibrante onde a música e a historia local van da man.
Nesta sección, Fon Conde únese a Alicia Tizón para dar voz a colaboracións únicas de
veciños e veciñas do municipio, que deixan a súa pegada en Radio Redondela. Cada
convidado comparte unha selección de seis cancións emblemáticas que marcaron a súa
vida, mesturándoas con anécdotas persoais cheas de emoción e memoria colectiva. Este
ano, o programa segue a soar con forza. Este episodio é especial pola súa calidade
sonora ao ter en exclusiva as cancións de Noite Son grabadas por ela mesma
especialmente para este capítulo xerando unha sensación de música en directo.
Ligazón: 

https://www.radioredondela.com/audios-seccions/onda-torrella-noite-son/

PODCAST: FARMACIA DE GARDA.

Creadora: María Jesús Queimaliños, directora da radio.

  • Resumo en cinco liñas: “Farmacia de garda” é un podcast da Radio Municipal de Redondela en colaboración coas farmacias do concello.
    Os profesionais participan periodicamente para falar de temas de saúde que preocupan á veciñanza. Entre os asuntos tratados están a menopausa, o olor corporal ou as enfermidades do inverno. Neste episodio abórdase a obesidade como un problema de saúde pública en aumento. José Castaño e Clara Hernández explican as súas causas, consecuencias e factores de risco. Tamén analizan hábitos saudables e novos tratamentos farmacolóxicos para axudar a perder peso.
  • Ligazón:  https://www.radioredondela.com/audios-seccions/farmacia-de-garda-obesidade-e-novos-tratamentos/

PODCAST: EN PACK. 

CREADORA: Bea Amoedo + Alicia Tizón (Radio Redondela)

  • Foto de Alicia Tizón (creadora, locutora, voz e produtora) e Bea Amoedo  (creadora e voz). Unha produción de Radio Redondela.
  • Resumo en cinco liñas: «En PAC(k)» é un podcast de Radio Redondela que nace dacolaboración co sector sanitario para achegar conversas interesantes e necesarias sobre saúde á nosa audiencia. Exploramos temas clave como as infeccións de transmisión sexual (ITS) ou a saúde mental, cun enfoque accesible, informativo e sen tabús. Está cocreado coa doutora Bea Amoedo (médica residente no Centro de Saúde de Redondela). O Capítulo que presentamos este ano é un especial sobre o Hantavirus, feito para informar con celeridade, claridade e rigor médico á poboación ante unha posible crise sanitaria.
  • Ligazón capítulo:  https://open.spotify.com/episode/17HPO3LVIZaho1nV5SofV7?si=3e05935d23504e81

PODCAST: IN THE CORNER.

Creador: Carlos Castro Piñón.

Podcast sobre fútbol feminino realizado por Carlos Castro Piñón na sintonia de Radio Fene e na web www.radiofusion.gal

 

https://www.radiofusion.gal/episodio/corner-8-de-maio-de-2026

 

 

 

PODCAST: FRECUENCIA CATIVADA 

Creadoras: Asociación pedagóxica Mudare.

Desde este curso, temos en Ames Radio mensualmente o noso programa Frecuencia Cativada: un espazo destinado a falar sobre diferentes eidos no desenvolvemento e acompañamento da crianza das nenas e nenos e dos xóvenes, no que incluímos seccións como a Voz da infancia, na que son os pequenos os que opinan sobre a temática a tratar, o Que che conto?, que inclúe recomendacións literarias por temas, e tamén contamos en cada programa, coa colaboración e entrevista dun experto/a no ámbito do desenvolvemento ou neurodesenvolvemento que nos ocupa.

A duración do programa é de entre 1 hora e 1:30.

 https://amesradio.gal/podcast/frecuencia-cativada-06-02-2026/?fbclid=PAb21jcAP4dZ5leHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZA81NjcwNjczNDMzNTI0MjcAAacxAFeR8pMRsHw28azoHUX8VOBxnMcsARW6hxkIcCawm1QhgoH9VHr9Q1ZVoA_aem_eJboUjvVTXk7b-7cI9l7lQ

PODCAST: GALIPORTUS – RADIO ALLARIZ.

Creador: Gemán Estevez.

En canto ao programa, candidatome cunha entrevista/conversa con 2 autores a falaren da emigración galega e portuguesa. Arturo Lezcano (O país invisible) e Daniel Bastos (Monumentos à emigração)

 

https://go.ivoox.com/rf/165191458

PODCAST: UNIVERSO NOSSO.

Creadora: Antía Cortiças Leira.

Resumo do episódio: fomos de entroidada, entrevistamos personagens, gravamos coisas… Contamos tudo isto no estúdio e ainda juntamos umas perguntas que lhe fizemos a Ses e finalizamos con uma homenagem cantada a Rosalía de Castro.

http://opaii.blogspot.com/2026/02/universo-nosso-programa-3-da-temporada.html

 

Emitido em Rádio Filispim

 

PODCAST: CONTAMOS GALICIA.

Creador: David Esquenazi Bouzas

Episodio 1 – A Cerneira. O lugar que se ve desde lonxe.

Breve resumo do contido do podcast:

“Contamos Galicia” é un arquivo sonoro de memoria viva que percorre aldeas galegas para recoller testemuños, historias e lembranzas das persoas que manteñen viva a identidade do rural. A través de conversas próximas e humanas, o proxecto busca preservar oficios, tradicións, nomes e experiencias que corren o risco de desaparecer co paso do tempo. O podcast pon o foco na memoria colectiva, na importancia da escoita activa e no valor cultural e emocional das comunidades rurais galegas. Neste episodio, Carmen e Paco cóntannos a historia da súa aldea: A Cerneira, situada na parroquia de Setecoros, en Valga, Pontevedra.

PODCAST: O RECUNCHO DO TALENTIÑO.

Creadores: Joaquín Enríquez e Chelo Carballal

CERTAME O TALENTIÑO

Enlace ao podcast:

https://go.ivoox.com/rf/173569350

PODCASt: UN CAFÉ EN AMES.

Creadora: Seu Bermudez.

Resumo do podcast:

“Un Café en Ames” é un podcast cultural en formato entrevista-conversa, no que cada episodio se converte nun encontro cercano con persoas, proxectos e iniciativas vinculadas ao Concello de Ames.

Un espazo para escoitar sen présa, descubrir historias e poñer en valor o talento e a vida cultural da contorna.

Episodio presentado:
Episodio 10 – “Un Café en Ames con Sandra De Rego, de Amor ó Teu”

 Enlace a Spotify

 Enlace a YouTube

PODCAST: ENTROIDO IES ANTÓN LOSADA

por Ainhoa Seoane - Carme Ferro - Daniel Fernández - Martín Carro - Lucía Sánchez Responsable é María Carballal, mestra de Lingua Galega artista

PODCAST: O TELECLUBE

Creadores:Elena Martín Lores e Vincent W. Moran.

Resumo: O Teleclube é un podcast de cine no que imos ver películas que están en carteleira para despois comentalas e recomendarllas (ou non) aos nosos ouvintes.

Capítulo: O Teleclube “Romería”

https://go.ivoox.com/rf/171092069

PODCAST: ONDA PIRUCHELA

Creadores: Colectivo Piruchela.

Dentro das actividades do colectivo nedense Piruchela está o podcast Onda Piruchela, que en cada edición ofrece unha entrevista ao vivo, en rigoroso directo e con público, na que Pepe Cunha conversa cun artista da nosa historia musical.

Desde o seu nacemento hai un ano, por Onda Piruchela xa pasaron Mini, Guadi Galego, Xurxo Souto, Uxía , Xabier Díaz, Uxía, María Manuela e Xiana Lastra, Xosé Lois Romero e Ugia Pedreira.

https://archive.org/details/onda-piruchela-v-xabier-diaz

IES ANTÓN LOSADA PODCAST: ENTROIDO

por Nombre del artista | Ainhoa Seoane - Carme Ferro - Daniel Fernández - Martín Carro - Lucía Sánchez

PODCAST: ABEIRO DE MUSICAS

Creador: Pepe Cunha para Ferrol 360 

Segundo a RAG, un abeiro é a protección ou o lugar onde un se pode protexer contra os rigores do tempo, un perigo un mal etc.”. Pois aquí propoñemos un abeiro de músicas.

Se vivimos nun remuíño de présas, de hits festivaleiros, da ditadura dos medios, de lugares comúns … aquí desconectamos uns 10-12 minutos coas letras e melodías, intrahistoria ou detalles curiosos de cancións esquecidas polas radiofórmulas e alleas ás modas, rankings, tops e listaxes.

https://archive.org/details/abeiro-de-musicas-44-la-leyenda-del-tiempo

PODCAST: O CRIME DA ORCA VELLA

Creadora:  Marta Lado.

Texto e dirección: Marta Lado

Actrices: Puri Insua, Ana Lourido, Sara Suárez, Lola Insua, Rosalía Mouzo, Segunda Castreje (A Chata), Gema Insua, Amable Fernández, Modesta Insua e Fina Traba.

Montaxe de Son: Diana Ramos.

Técnico de Son: Óscar Rodríguez.

Para as gravacións poidemos contar coas instalcións e colaboración de Radio Neria.

Argumento: Nun cemiterio abandonado no camiño do cabo Fisterra dúas rapazas atopan un morto dentro dun dos nichos. Cando as autoridades se presentan no lugar do achádego o corpo resulta desaparecido.

https://go.ivoox.com/sq/1366840

 

PODCAST: ABRETE DE ORELLAS

Creador: Pepe Cunha.

Coa vocación de divulgar a diversidade de propostas musicais galegas, este podcast semanal dunha hora está ao servizo das nosas músicas, con especial atención ás novidades e concertos das nosas artistas e un oco para quen nos visitan.

As músicas son as protagonistas verdadeiras, polo que soan enteiras canda a compaña duns comentarios breves do locutor.

https://archive.org/details/abrete-de-orellas-605

PODCAST: FALAR SEN CANCELAS 

Creador: Pepe Formoso (Radio Neria) 

É un podcast conversacional no que Pepe Formoso conversa con protagonistas da vida cultural, social, económica, deportiva e política da nosa comarca. Son conversas sen fin, non hai unha duración determinada, a conversa remata cando teña que rematar. No programa que presentamos, Pepe Formoso conversa con Julio César Castro Marcote, director do Parador de Muxía. Un home que xa pasou pola dirección de paradores como o de Vilalba, Monforte ou Santo Estevo ata recalar na dirección do Hostal dos Reis Católicos de Santiago antes de vir a Muxía.

https://www.ivoox.com/falar-sen-cancelas-julio-cesar-castro-marcote-audios-mp3_rf_173472549_1.html

 

PODCAST: BOOMERS A CONCIENCIA

Creadores: Pablo Alvarez e Rebeca Ayala (Radio Neria)

Un pocast de cine e fotografía presentado e dirixido por Pablo Álvarez e Rebeca Ayala. Cada capítulo dedícano a unha das dúas disciplinas, profundizando en cada unha delas nos estilos, protagonistas e tendencias. Presentamos o último programa no que fixeron un especial sobre os peches dos Cines Xunqueira en Cee. Peche que, finalmente non se levou a cabo, grazas ao traballo feito por unha plataforma de mozos e mozas que mobilizou á comarca. Plataforma na que tamén están Pablo e Rebeca.

https://go.ivoox.com/rf/173369540

 

PODCAST: SÁBADOS NO CRUCEIRO.

Creadores: Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Álvarez García, José Javier Orosa González (Profesores da UDC) e Andrea Bello Barbeito (Investigadora e Doutoranda da UDC)

Programa 45 – «Os Retos das Cidades sostibles do Futuro»

Enlaces ao podcast:

PODCAST: ‘A FERIDA ABERTA NO 36’.

Creadora: Nuria López

Capítulo número 27, centrado na zona de Vigo.  

Preséntovos ‘A ferida aberta en Vigo’, o primeiro capítulo da segunda temporada do podcast “A ferida aberta no 36’. Un proxecto que naceu o 28 de xaneiro de 2025 co obxectivo de trasladar aos oíntes o impacto que o golpe do 36 e a ditadura provocaron en Galicia.

Onde escoitalo:

-spotify: https://open.spotify.com/episode/6Le3qhdYhYfR2lBcq7ShhZ? si=yZG8OE2kQZ2voROlYtMBJA

– ivoox: https://go.ivoox.com/rf/167229805 

– youtube: https://youtu.be/68QoER8FNC0?si=msiG8yVScyMrXDxq

– Apple podcast: https://podcasts.apple.com/es/podcast/cap%C3%ADtulo-27-a-ferida-aberta-envigo/id1864445473?i=1000746356344

PODCAST: ANTES DE MIN.

Creador: Carlos Sardiña.

Coas voces de Ana Santiago e Elvira Álvarez.

En 1997, unha cadea de crimes sen resolver sacode a comarca de Ferrolterra: catro mortes próximas no espazo, marcadas por unha mesma sinal inquietante e por unha ausencia total de respostas. Anos despois, en Luarca, unha moza que está a piques de abandonar a casa familiar atopa no faiado unha caixa esquecida que o seu pai parecía decidido a manter oculta.

O que ao principio semellan lembranzas familiares convértese axiña nun arquivo imposible: fotografías de descoñecidos, recortes de prensa sobre asasinatos cometidos ao longo de máis dun século e unha sucesión de datas que se repite cunha precisión arrepiante.

 

https://go.ivoox.com/rf/174480485

PODCAST: VENTO DO NORTE.

Creador: Carlos Sardiña.

Narrado por Carmen Fontao.

Nunha aldea illada, cando o vento do norte comeza a anunciar o outono, a desaparición dun neno rompe para sempre a calma do lugar. Poucos días despois, outra criatura esvaece sen deixar rastro, e o medo instálase nas casas, nos camiños e nos silencios dos veciños.

María, nai do primeiro desaparecido, aférrase á esperanza ata que unha presenza escura se lle aparece de noite e lle revela que o seu fillo segue vivo. Pero a promesa do regreso agocha un prezo imposible.

 

https://go.ivoox.com/rf/174480362

PODCAST: A CAIXA NEGRA DO NOSTROMO. 

Creadores: Fran Cela, Fer Liñares e Francisco Cortez.

O noso podcast xira en torno as reflexións e recomendacións sobre cinema, collendo un tema e esmenuzandoo ate que nos cansamos.

O episodio que desexamos presentar é A maxia no cine, no que nos desprazamos ao museo da maxia de Galicia e temos de convidado a un mago.

https://www.youtube.com/watch?v=Q_Ix3tNHxG0

PODCAST: ESTRELADOS NA ESTRATOSFERA.

Creadores: Victor Fernández Alves e Iván pensado (CUAC FM).

CAPÍTULO: programa que fixemos sobre os venres negros da CRTVG, con Alfonso Hermida e Raquel Lema.

https://youtu.be/5FXP57UxGxY?is=qPbjm4aYvIiufP67

PODCAST: FECHADAS NO BAÑO. 

CREADORAS: Paula Carro + Bea Bravo + Ruth Pazo.

RESUMO: Fechadas no baño é un podcast conversacional no que tres compañeiras de traballo, e amigas, féchanse no baño da oficina para facer terapia. Tratan temas serios cun ton de humor para entreter botando unhas risas e informar.

No episodio que presentamos ao festival falamos da importancia da reciclaxe. Da responsabilidade que temos como cidadás para contribuir no coidado do medioambiente.

Episodio de 26 min; «Verde Que Te Quero Verde»:

https://www.ivoox.com/verde-te-quero-verde-audios-mp3_rf_172097385_1.html

https://go.ivoox.com/rf/172097385

https://open.spotify.com/episode/2y2PhyCnhNwIet97JjyrjV?si=IgEIWgRDQyaRoLelw6h4ew

PODCAST: SONS DE COMPOSTELA.

Creador: Carlos Cabaleiro

Resumo: Neste Capitulo 7 achegámonos a un concerto moi especial da Banda Municipal de Santiago de Compostela, no que a música se constrúe no presente a través do IV Concurso de Dirección.

Tres finalistas —Pedro Villarroel, Víctor Vilariño e Juan Daniel Jover— súbense ao podio para dirixir parte do programa, ofrecendo tres maneiras diferentes de entender a música e o traballo coa banda.

Un episodio no que exploramos o proceso de dirixir, a toma de decisións no momento e a relación entre idea musical e realidade sonora.

https://open.spotify.com/episode/2jdAdzWzasGwxenBbOD6Es